Cultura
Deputación de Lugo

O Valadouro Rock trae a Ferreira referentes da escena rock estatal, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Valadouro Rock
O Valadouro
DANIEL GARCÍA
Obús encabeza o cartel da primeira edición do festival, que celebra o sábado a primeira edición

O Valadouro acollerá este sábado a primeira edición do Valadouro Rock, que reunirá bandas referentes e novos talentos na escena rock estatal en Ferreira co apoio da Vicepresidencia da Deputación e do Concello de Valadouro.

O deputado de Mocidade Daniel García e o tenente alcalde do Valadouro Eduardo Chao presentaron o cartel do festival, acompañados polos seus promotores Agustín Claverol e Sergio Rubio.

A actuación da banda de heavy metal Obús – en xira polo corenta aniversario – con Fortu Sánchez á cabeza encabezan un cartel que tamén conta con outra figura de referencia como o fundador e exvocalista de Siniestro Total Miguel Costas.

Os valencianos Gigatron – recoñecidos polo seu rock humorístico –, Vita Imana, Strikebak, Leather Boys, Drunken Buddha ou Sküld nutren unha proposta que apela a distintas xeracións de amantes do rock e que reivindica tamén os grupos locais cos ribadenses Materia Muerta.

Daniel García mostrou o seu apoio “a esta iniciativa, que amplía e diversifica as propostas culturais e musicais da Mariña no verán” e destacou “a vontade expresada polos promotores de de mostrar e proxectar o patrimonio natural e histórico do Valadouro a través da música

O tenente alcalde do Valadouro e responsable de Cultura valorou “a aposta da organización polo Valadouro para poñer en marcha este festival, que dará a coñecer o concello a un público novo, que viaxa movido pola música”  e que “terá un impacto positivo tamén na hostelería e no comercio local”.

A organización porá a disposición do público servizos de bus desde Viveiro, con parada en  Xove, San Cibrao, Cervo, Burela, Cangas de Foz e Foz. A contorna do festival, que se celebrará no parque Concepción Arenal, contará con zona de acampada e con food trucks gastronómico.

O recinto do festival, baixo a etiqueta de “festival amigo” contará tamén con stands doutros festivais da Mariña e do Occidente asturiano, xenerando sinerxias tanto a nivel de promoción musical como de público.