Deputación de Lugo

Unha novilla preñada do centro de recría da Deputación adxudicouse por 7.000€ na poxa de Adai

Poxa Adai
O Deputado de Medio Ambiente e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento participaron nesta cita gandeira, que se celebrou no Concello do Corgo, e que reuniu a numerosos gandeiros da provincia

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández asistiron este sábado, xunto ao presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades, á XI poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega que tivo lugar no recinto feiral de Adai no Concello do Corgo. 

Para esta cita, que reuniu a numerosos gandeiros, a institución provincial presentou 12 animais do centro de recría da Granxa Gayoso Castro. Ademais, as reses de raza autóctona da Deputación vendéronse a un prezo medio de 3.116 euros, e, por primeira vez, adxudicouse unha novilla preñada por 7.000 euros a un gandeiro de Castroverde. Esta foi a cotización máis alta da historia e tamén a puxa máis longa de todas as que se recordan.