Deputación de Lugo

A Deputación inicia obras de mellora dun novo tramo do Cinto Comarcal ao seu paso por Friol, Outeiro de Rei e Begonte

Cinto comarcal
Inicio obras no Cinto comarcal
- Este proxecto, que conta cun investimento superior a 700.000€, contempla o acondicionamento dun tramo de 7 quilómetros, comprendido entre os puntos quilométricos 49 e 57

-As obras comezaron coa limpeza de cunetas e, actualmente, está en marcha a pavimentación do firme con aglomerado en quente

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora dun novo tramo do Cinto Comarcal, na estrada LU-P-1611, que transcorre polos concellos de Friol, Outeiro de Rei e Begonte. Este proxecto, que conta cun investimento superior a 700.000€, contempla o acondicionamento dun tramo de 7 quilómetros, comprendido entre os puntos quilométricos 49 e 57.


As obras comezaron coa limpeza de cunetas e, actualmente, está en marcha a pavimentación do firme empregando aglomerado en quente. Ademais da pavimentación, o proxecto inclúe melloras no sistema de drenaxe e a instalación da sinalización correspondente, co obxectivo de garantir unha circulación máis segura e eficiente para os usuarios desta estrada de vital importancia para a comunicación nestes municipios. 


A Deputación mantén un compromiso firme coa mellora das infraestruturas viarias da provincia. Este investimento no Cinto Comarcal é parte do esforzo continuo da institución provincial por asegurar a seguridade viaria e facilitar a mobilidade dos cidadáns.

 

Esta actuación súmase aos máis de 3,3M€ destinados pola Deputación desde que José Tomé Roca é Presidente desta institución, o que vén a demostrar o importante esforzo investidor que está facendo o ente provincial na mellora e conservación desta estrada. É importante lembrar que o Cinto Comarcal conta con 131 quilómetros de lonxitude, e dá servizo a uns 134 mil vecinos e veciñas. Polo tanto, debido as características desta vía debería ser de titularidade da Xunta de Galicia, tal e como o Presidente veu reiterando en múltiples ocasións.