Deportes e mocidade
Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación presente na apertura dos XV Xogos do Eixo Atlántico, con deportistas lucenses en 19 modalidades

Xogos
Eixo Atlántico
Lugo
Monforte de Lemos
Sarria

O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, participou este domingo en Portugalno acto de inauguración dos XV Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán desde hoxe ata o 5 de xullo nas cidades de Vila Nova de Famalicão e Braga.Na cerimonia de apertura, Rivera Capón subliñou o compromiso da Deputación de Lugo con este evento, onde a provincia está representada por mozos e mozas de 19 modalidades deportivas de clubs dos concellos de Lugo capital, Monforte de Lemos e Sarria.

 

Durante unha semana, os XV Xogos do Eixo Atlántico reunirá a deportistas de Galicia e do Norte de Portugal, competindo en balonmán feminino e masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natación e natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado. Como novidade desta edición, ao Fútbol 7 masculino súmase Fútbol 7 feminino.