Cooperación concellos
Deputación de Lugo

A Deputación achega 350.000€ ao Concello de Viveiro para que poida sacar adiante os seus Orzamentos

Viveiro
O Presidente asinou coa Alcaldesa viveirense un convenio de colaboración que fará posible, entre outras cuestións, o pago de servizos fundamentais como a Axuda no Fogar ou os destinados a financiar os clubs deportivos e as asociacións culturais

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, un convenio de colaboración por importe conxunto de 1,125M€ para que o Concello mariñán poida sacar adiante os seus Orzamentos. En concreto, a institución provincial achegará 350.000€ e o Concello, 775.000€.

Un acordo que fará posible, entre outras cuestións, o pago de servizos fundamentais para a veciñanza de Viveiro, como a Axuda no Fogar ou os destinados a financiar as actividades do tecido asociativo. 

A Alcaldesa explicou que grazas a este acordo, o Goberno levará ao próximo Pleno os Orzamentos 2024, polo que se trata de unha cuestión “moi importante e nos permite regularizar os pagos a clubs e asociacións, que fan un gran traballo na nosa vila”. Detallou ademais que o convenio inclúe outras partidas importantes para servizos como a limpeza viaria ou o alumeado público.