A Deputación súmase ao minuto de silencio en repulsa polos últimos asasinatos machistas
A Deputación de Lugo expresou a súa enérxica repulsa polas cinco mulleres asasinadas presuntamente polas súas parellas en Cataluña, Madrid, Valencia e Alacante. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, gardaron un minuto de silencio na concentración que tivo lugar diante da Subdelegación do Goberno en Lugo e na que tamén participou, xunto a veciños e veciñas, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a Concelleira de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira.