Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo

O rock inundará Carude, en Monforte, o 9 de agosto co apoio da Vicepresidencia da Deputación

Carud'e Rock
DANIEL GARCÍA

 O barrio de Carude, en Monforte, encherase de música rock o 9 de agosto co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García mantivo un encontro con representantes da organización do festival Carud’e Rock para coñecer os preparativos que se levan a cabo para a xornada.

Durante a xornada, que é de balde para quen se achegue e comezará ás 20.30 horas, poderá escoitarse aos grupos Deloreans, 7 Rojo, Zënzar y Mártires del rock&roll. García destacou a importancia de achegar os diferentes estilos musicais a toda a provincia “como activo cultural. O Carud’e Rock é unha mostra máis do traballo levado a cabo polos colectivos lucenses, que buscan alternativas de lecer para os seus veciños e veciñas pero tamén impulsan a economía e colabora co tecido comercial e hostaleiro achegando visitantes”.

“Valoramos tamén a aposta por bandas galegas e a música en galego, presente con Zënzar. Seguimos necesitando ampliar os escenarios e os altofalantes para as nosas artistas e para a nosa lingua”, defendeu o deputado.

O festival Carud’e Rock súmase á oferta musical que, dende a Vicepresidencia da Deputación, conta con colaboración e apoio para impulsar a actividade e promover a música entre a sociedade lucense. Dende a organización agardan atraer a centos de persoas para gozar do rock dende a Praza de Carude.