Deputación de Lugo

A Deputación apoia a XXIV Feira de Artesanía de Samos cunha achega de 4.000€

Feira Artesania de Samos
Feira Artesanía de Samos
- A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, asistiu a este evento, que reuniu a preto de 30 expositores, e no que se realizaron demostracións de artesanía, obradoiros e actuacións musicais

A Deputada de Muller a Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, asistiu este domingo á vixésimo cuarta edición da Feira de Produtos Artesanais, do concello de Samos. A institución provincial colabora con esta cita, organizada pola Asociación de Comerciantes e Artesáns deste municipio, cunha achega económica de 4.000€ a través de Plan Deputación 2024. A esta xornada, que reuniu a numerosos veciños e turistas, tamén asistiu o Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, entre outras autoridades. 

O evento, no que participaron preto de 30 expositores, incluíu a lectura do pregón, a cargo da médica de familia e presidenta da Asociación Cultural Peleriños de Sarria, Milagros Núñez e o tradicional xantar. Ademais, durante toda a xornada a veciñanza puido desfrutar de diversas demostracións de artesanía, obradoiros e actuacións musicais de diferentes grupos folclóricos que amenizaron a cita.