Deputación de Lugo
Turismo

Samos volve celebrar a súa tradicional Feira da Ponte de Lóuzara, coa que colabora a Deputación

feira
Samos
O Deputado de Medio Ambiente asistiu a décimo quinta edición desta cita que reuniu a numerosos expositores e na que tamén houbo actuacións musicais e bailes tradicionais que amenizaron toda a xornada

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, asistiu este sábado, xunto a outras autoridades, á décimo quinta edición da Feira da Ponte de Lóuzara, no concello de Samos. A institución provincial realiza unha achega conxunta de 4.000€ para a celebración desta cita e da Feira de Artesanía que se celebrou o pasado domingo, 11 de agosto. Esta colaboración enmárcase dentro do Plan Deputación 2024.

Carlos López puxo en valor que “a Feira da Ponte de Lóuzara é un evento completamente asentado no noso calendario e supón un importante revulsivo económico para toda a zona. Ademais tamén contribúe a dinamizar a vida social e económica do municipio”. 

A xornada, que reuniu a numerosos veciños e visitantes, arrancou ás 10:00 horas coa apertura dos postos de exposición e de venda de produtos de artesanía. A programación tamén incluíu diversas actuacións musicais e bailes tradicionais a cargo de asociación da comarca.