Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación inicia as obras na vía provincial que une Sarria e Piñeira cun investimento de máis de 100.000€

REDE DE ESTRADAS PROVINCIAIS
Sarria
As obras, cun prazo de execución dun mes, inclúen a limpeza das cunetas, tarefas de drenaxe, aglomerado en quente e sinalización horizontal e vertical nun tramo de preto de dous quilómetrosda vía LU-P-5713

A Deputación Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora na estrada provincial LU-P-5713, que conecta Sarria coa parroquia de Piñeira. Esta intervención conta cun investimento que supera os 100.000 euros e forma parte do compromiso da Deputación co mantemento e a mellora da rede viaria provincial.
As actuacións, adxudicadas á empresa Grupo Bascuas 2008 S.L., afectan a un tramo de case dous quilómetros, concretamente dende o inicio da vía ata o punto quilométrico 1,850. Os traballos inclúen a limpeza das cunetas, melloras no sistema de drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical.


O prazo de execución destas obras é dun mes, polo que se espera que estean finalizadas nas próximas semanas. Con esta actuación, a estrada LU-P-5713 verá mellorada a súa seguridade e comodidade, en beneficio dos numerosos usuarios e usuarias que a empregan diariamente para conectar dous concellos de gran importancia na provincia.


Esta intervención reforza o compromiso da Deputación de Lugo por garantir a seguridade da circulación na súa rede viaria, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social das áreas rurais e mellorando a calidade de vida dos seus veciños e veciñas.