Deputación de Lugo

A Deputación acompaña este xoves á veciñanza no comezo das Festas do barrio da Milagrosa

Milagrosa

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, asistiu ao comezo das Festas do barrio da Milagrosa que arrancaron este xoves co pregón a cargo das escritoras Ana Mar Fraga e Montserrat González. Miguel Fernández destacou “o revulsivo económico que supoñen estes festexos para un dos barrios máis senlleiros de Lugo”. As festas, que se celebrarán ata o vindeiro 2 de setembro, contan cun amplo programa de actividades, actuacións musicais e espectáculos para todas as idades.

 

PREGÓN