Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo acompaña ás persoas maiores de Xermade na súa festa homenaxe

FESTA MAIORES
Xermade

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este venres xunto ao  Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na XIX Festa das Persoas Maiores de Xermade. Un encontro que comezou cunha misa na igrexa parroquial,  e o tradicional xantar que reuniu a 300 persoas no pavillón municipal. Pola tarde, a celebración continuará cun baile no pavillón dos Deportes e as homenaxes ao home e muller de maior idade, quen recibiron varios agasallos por parte do Concello. 

Rivera Capón felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno pola organización deste evento, que desde hai 19 anos rende homenaxe ás persoas maiores da localidade. Destacou “a importancia de seguir festexando este tipo de xornadas, que se axustan á liña de traballo na que estamos implicados desde a Deputación, e o noso compromiso de ofrecer unha atención de calidade para garantir o benestar das nosas persoas maiores, tal e como estamos a facer a través da nosa rede de Centros de Atención de Maiores”.