Deputación de Lugo

A Deputación amosa o seu compromiso co benestar das persoas maiores na Xuntanza que organizou o Concello de Meira

XUNTANZA
maiores
Meira

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este venres na Xuntanza das Persoas Maiores de Meira, que se celebrou no pavillón municipal do municipio chairego e que reuniu a numerosos veciños e veciñas da localidade. O encontro, que contou coa colaboración da institución provincial, iniciouse ás 13:00 horas cunha misa na igrexa de Santa María e, a continuación, tivo lugar o tradicional xantar. Ademais, ao igual que en anteriores edicións, o Concello de Meira realizou unha homenaxe ao veciño e á veciña máis lonxevos de todo o termo municipal.