A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora co sétima Desafío San Miguel, este domingo en Monterroso
Monterroso acollerá este domingo -15 de setembro – a sétima edición do Desafío San Miguel, organizada polo Club Ciclista San Miguel coa colaboración do Concello de Monterroso e a área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A deputada Iria Castro achegouse ata Monterroso para coñecer os detalles desta ruta cicloturista que ten como obxectivos o fomento da actividade física e a promoción do territorio en que se desenvolve, camiños e sendeiros da Comarca da Ulloa e da Ribeira Sacra, achegando ás persoas participantes os seus recursos naturais e culturais.
A proba, con saída e chegada na Cúpula, ofrece dúas modalidades de participación: unha ruta longa -de 52 quilometros – e unha ruta curta -de 36 quilómetros-. A saída será ás 9.30 para os dous percorridos.