O Pazo dos Deportes acollerá a Copa Galicia de baloncesto masculino do 20 ao 22 de setembro
A deputada Iria Castro participou este mediodía na presentación da XXXVIII Copa Galicia de baloncesto masculino, que se celebrará do 20 ao 22 de setembro no Pazo dos Deportes. A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón organiza un ano máis a competición, que medirá a Río Breogán, Leyma Basket Coruña, Monbus Obradoiro e Club Ourense Baloncesto.
A responsable provincial destacou o traballo da entidade lucense que "trae un ano máis esta competición a Lugo poñendo en relevo o papel central que a cidade ten no baloncesto do país, cun equipo como o CB Breogán, un dos catro participantes no torneo e o club mais laureado da Copa Galicia". "Para a institución provincial é un honra acoller un ano máis no Pazo dos Deportes esta competición, que arranca o calendario de partidos oficiais da nova temporada", subliñou