A Deputación participa en Lugo no Túnel do Viño organizado pola bodega Casa de Outeiro
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este luns no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo na actividade Identidade. A representación definitiva da diversidade de Quiroga, organizada pola bodega Casa de Outeiro. Nesta cita, á que tamén asistiu a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos Fondo, os participantes puideron degustar e coñecer as súas variedades a través dun Túnel do Viño. O evento contou coa presenza do presidente da Asociación Galega de Enólogos, David Pascual e unha actuación musical a cargo da artista Irene Caruncho.