Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación inaugura en Monterroso a mostra Inevitable coas obras realizadas por COGAMI

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto inaugurou este mércores en Monterroso a mostra Inevitable, unha crítica social pola liberdade sexual e de xénero. O espazo cultural Lorenzo Varela acolleu a exposición realizada no Taller Daulloa polos usuarios e usuarias de Cogami, que contou cunha achega da institución provincial de 38.000€.

García Porto destacou o “poder transformador” da arte e deste espazo que, con 15 obras, “é unha chamada á reflexión sobre a liberdade sexual, fundamental para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”. A exposición chega ao concello monterrosino logo de estar aberta ao público no Museo Provincial, en Lugo, e no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, e poderase desfrutar ata o 13 de decembro.

Durante o acto desta tarde, os propios artistas aproveitaron para explicar as súas obras, nas que utilizaron de base paneis de madeira coas cores da bandeira LGTBI.