Entidade responsable:

  • Deputación de Lugo

Rol:

  • Responsable do tratamento

Finalidades do tratamento:

  • Depósito, custodia e devolución de avais.
  • Realización de pagos e ingresos en metálico a través da caixa física.

Base lexitimación:

  • RXPD 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
  • Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
  • Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
  • Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Categorías de interesados:

  • Obrigados tributarios.
  • Contribuíntes.
  • Representantes legais.

Categorías de datos:

  • Datos de categorías xerais:
    • Identificativo: (DNI,Pasaporte/NIE, nome, apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, sinatura manuscrita, sinatura electrónica).
    • Económicos e financeiros (propiedades e posesións, actividades e negocios, ingresos e rendas, investimentos e bens patrimoniais, créditos, préstamos, avais, datos bancarios, plans de pensións, xubilación, seguros, hipotecas, subsidios, beneficios, historial de créditos, bens e servizos recibidos polo afectado, datos tributarios).

Destinatarios:

  • Facenda Pública e Administración Tributaria.
  • Cámara de Contas.
  • Órganos Xudiciais.
  • Entidades financeiras.

Transferencias internacionais:

  • Non están previstas.

Prazo de supresión:

  • Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos.

Medidas de seguridade:

  • Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade.

Dereitos en protección de datos:

  • Para solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais, no caso de que se dean os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pode dirixir un escrito ao responsable do tratamento, neste caso, a Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo, ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org).

Datos de contacto do DPD:

  • dpd@deputacionlugo.org