Entidade responsable:

  • Deputación de Lugo

Rol:

  • Responsable do tratamento

Finalidades do tratamento:

  • Xestión do Arquivo Provincial da Deputación de Lugo.
  • Xestión das solicitudes de consulta do Arquivo Provincial para a investigación histórica ou científica, a información, o estudo e a resolución de asuntos administrativos, así como para o seu uso polos propios servizos provinciais no desenvolvemento das súas funcións.
  • Control das consultas, copias ou documentos extraídos dos mesmos, así como xestión dos datos de investigadores e usuarios do arquivo e da fototeca.

Base lexitimación:

  • RXPD 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
  • RXPD 6.1.e) Tratamento necesario para o cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos.
  • Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
  • Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Categorías de interesados:

  • Solicitantes.
  • Usuarios/as.
  • Investigadores.
  • Cargos ou empregadas/os públicos.
  • Persoas físicas ou representantes de persoas xurídicas partícipes en calquera expediente provincial.

Categorías de datos:

  • Datos de categorías xerais:
    • Identificativos (DNI/Pasaporte/NIE, nome, apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, sinatura manuscrita, sinatura electrónica, datos de representación).
    • Detalles do emprego (Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, historial do traballador).

Destinatarios:

  • Administracións públicas no exercicio das súas competencias.
  • Comisión de Arquivo Documental.

Transferencias internacionais:

  • Non están previstas.

Prazo de supresión:

  • Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos.

Medidas de seguridade:

  • Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade.

Dereitos en protección de datos:

  • Para solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais, no caso de que se dean os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pode dirixir un escrito ao responsable do tratamento, neste caso, a Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo, ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org).

Datos de contacto do DPD:

  • dpd@deputacionlugo.org