Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación asiste á toma de posesión de Roberto Castro como novo Alcalde de Ribas de Sil

Ribas de Sil

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres á toma de posesión de Roberto Castro González como novo Alcalde de Ribas de Sil, un acto celebrado no consistorio da localidade ante a presenza de numerosos veciños e veciñas. O mandatario provincial desexoulle ao rexedor sorte e éxitos nesta etapa, na que continuará co proxecto liderado por Miguel Sotuela, “firmemente comprometido cos servizos sociais e na súa aposta polo público para dinamizar o seu concello no plano social e no económico”. Puxo en valor o seu labor como Alcalde nestes 27 anos, que dá boa conta do seu compromiso con Ribas de Sil. 

O Presidente expresoulle a súa vontade de manter a relación de colaboración directa e fluída entre a Deputación e o Concello para sacar adiante medidas beneficiosas para os veciños e veciñas de Ribas de Sil.