A Deputación participa na inauguración da Casa da Misericordia de Cáritas en Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na inauguración da Casa da Misericordia de Cáritas Diocesana en Lugo, situada na rúa Luis Peña Novo. No acto oficial, o Deputado coñeceu xunto á Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e a directora da ONG, Amparo González, as novas instalacións, que foron bendicidas polo Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco. Rivera Capón destacou que este novo espazo “permitirá albergar temporalmente a presos que salgan de prisión e non teñan onde quedarse”.