Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibe aos Reis Magos no Pazo de San Marcos

JOSE TOMÉ
REIS
MAGOS
O Pazo de San Marcos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres aos Reis Magos de Oriente a súa chegada á provincia antes de comezar o seu percorrido polos concellos lucenses o domingo. Tomé Roca deulles a benvida e amosoulles a Melchor, Gaspar e Baltasar o seu agradecemento por levar a maxia cada ano ás casas dos veciños e veciñas de Lugo.

 

Máis de 60 nenos e nenas aproveitaron esta visita real á Deputación para facerlles chegar ás Maxestades de Oriente os seus desexos. Os Reis aconselláronlles deitarse cedo o domingo e adiantáronlles un pequeno agasallo.

 

A visita dos Reis á Deputación foi recuperada o ano pasado polo Comité de Empresa e a Xunta de Persoal da institución provincial logo de anos sen celebrarse. Unha cita que marca o inicio do seu percorrido polos 67 concellos da provincia, onde serán recibidos esta fin de semana con entusiasmo, sobre todo polos nenos e nenas.