Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo

A Asociación Corripa e a área de Rural da Deputación de Lugo xa preparan a cuarta edición das xornadas internacionais “Ciencia na aldea” que terán lugar os próximos 25, 26 e 27 de abril

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
RURAL
DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ
CIENCIA NA ALDEA
DESENVOLVEMENTO RURAL

A área de Rural da Deputación de Lugo e a Asociación Corripa traballan xa  na elaboración do programa da próxima edición das Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea, que terá lugar os próximos días 25, 26 e 27 de abril no  Ecomuseo El País do Abeyeiro en Pena da Nogueira.

Tras o éxito das anteriores edicións, ambas entidades reafirman o seu compromiso para garantir a continuidade dun evento que congrega cada ano a decenas de investigadores e que conta co apoio do público, que completa o aforo en cada unha das sesións.

Esta edición, que volverá ter carácter internacional, contará coa presenza dos organizadores do famoso Festival das herbas espontáneas que cada ano desde fai 38, celebra a chegada da primavera na localidade de Ussaramanna, na illa italiana de Sardeña.

A idea é que Ciencia na aldea se irmande con este importante festival. Da mesma forma que na edición de 2024 foi Portugal, e en concreto o prestixioso proxecto Parque Biolóxico de Gaia da localidade de Vila Nova de Gaia, quen teceu alianzas con estas xornadas.

Ciencia, agrogandería, medio ambiente, desenvolvemento rural, arte e poesía se aúnan no programa previsto de actividades da cuarta edición dun evento organizado pola Asociación Corripa co apoio da área de Rural da Deputación de Lugo e que se converteu xa nunha das máis singulares iniciativas de divulgación científica de conservación do medio ambiente e do territorio no panorama estatal.

Durante tres días, a aldea lucense de Pena da Nogueira, situada en Negueira de Muñiz, o municipio con menor densidade de habitantes de Galicia, volverá encherse de xente a e a converterse nun epicentro de coñecemento. Este ano, varios produtores agrogandeiros terán unha destacada presenza e compartirán cartel con científicos, investigadores e divulgadores ambientais e culturais.