Deputación de Lugo

A Deputación participa nos actos de Santa Apolonia en honra á patroa dos odontólogos e estomatólogos

Acto colexio odontólogos

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este sábado nos actos que o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo (COEL) organizou en homenaxe a súa patroa, Santa Apolonia, no Salón Rexio do hotel Torre de Núñez. Na cita, o responsable da Deputación participou na entrega das distincións do Colexio aos diferentes profesionais e na súa intervención valorou o traballo “importantísimo” no que ten que ver coa saúde e o benestar da sociedade. Sinalou Carlos López o compromiso da institución provincial cos colectivos e colexios profesionais nunha cita na que tamén participaron, entre outras autoridades, María Núñez, presidenta do COEL e a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos.