Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Iria Castro reiterou o apoio da Vicepresidencia da Deputación á produción agrogandeira e á vida na comarca da Ulloa fronte a ameaza de Altri nun foro sobre agroecoloxía en Antas

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
RURAL
IRIA CASTRO FERNÁNDEZ
AGROECOLOXÍA
SINDICATO LABREGO GALEGO
A responsable provincial inaugurou o Foro Labrego  "Agroecoloxía fronte á Megaindustria", organizado polo Sindicato Labrego Galego, no que as producións sostibles reivindicaron a súa achega ao desenvolvemento rural fronte a Altri

No encontro, presentouse o programa de formacion rural "Da Escola á Granxa" no que participan granxas e producións agroalimentarias da comarca como Milhulloa, Arqueixal, Pazo de Vilane ou a gandería Lois Varela

A deputada Iria Castro inaugurou o VII Foro Labrego de Agroecoloxía organizado polo Sindicato Labrego Galego en Antas de Ulla, coa colaboración da área de Rural. 

A responsable provincial aproveitou a súa intervención para reafirmar "o apoio institucional e político da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para defender a produción agrogandeira e a vida na comarca da Ulloa fronte a ameaza que supón a instalación da macrocelulosa de Altri"  e subliñou "a necesidade destes encontros que advirten do impacto negativo de megaproxectos indusrias sobre o territorio pero, sobre todo, mostran cal é a alternativa"

O encontro, "Agroecoloxía fronte á megaindustria: proxectos labregos, territorios para a vida", continuou con intervencións da neurocientífica Sonia Villapol, que afondou no impacto da celulosa e os seus contaminantes na sáude, do investigador do CISPAC Xavier Simón, que abordou a repercusión dos megaproxectos contamiantnes desde o punto de vista socieconómico, e de Alejandro García, gandeiro e activista na Plataforma Ulloa Viva.

A xornada culminou cunha mesa redonda na que se expuxeron proxectos públicos e privados que apostan no desenvolvemento dos territorios desde modelos sustentables, entre eles, o programa de formación rural Da Escola á Granxa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, na que participan granxas e producións agroalimentarias da comarca como Milhulloa, Arqueixal, Pazo de Vilane ou a gandería Lois Varela.