Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

O Concello de Quiroga incorpora maquinaria manual para tarefas de roza, co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN DE LUGO
RURAL
Quiroga
ROZA

O Concello de Quiroga incorporou nova maquinaria manual para a limpeza e roza en pistas municipais e contornas de núcleos, grazas á colaboración de área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Trátase de catro rozadoiras e unha motoserra, que se porá a disposición do persoal encargado de levar a cabo estas tarefas.

A deputada Iria Castro achegouse a Quiroga para a recepción do material, que supuxo un investimento de 7.000 euros por parte da institución provincial e que facilitará o desenvolvemento dun traballo para manter en boas condicións de uso as infraestruturas municipiais.

No acto, en que participaron o alcalde José Luis Rivera e responsables do goberno local, púxose de manifesto a importancia destas ferramentas para o acondicionamento de camiños rurais e veciñais, para diferentes usos forestais e de xardinería municipais así como para a limpeza e mantemento das rutas de sendeirismo coas que conta o concello.

Esta adquisición renova os recursos materiais e contribùe tamèn a facilitar a actividade agrogandeira, forestal, vitinìcola e olivareira do concello.