Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación contribúe a dar visibilidade ás enfermidades raras nos actos organizados para concienciar de estas doenzas

Pablo Rivera Capón
federacion galega
enfermidades raras

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves en Lugo nos actos organizados pola Federación Galega de Enfermidades Raras para dar visibilidade ás persoas que padecen estas doenzas. A cita, que tivo lugar diante da Mosqueira, contou cunha actuación musical e unha iluminación para dar comezo a un mes de accións enfocadas a concienciar sobre este tipo de enfermidades e as dificultades dos pacientes, que con frecuencia pasan desapercibidos.

 

En Galicia, máis de 200.000 persoas conviven cunha enfermidade rara, con desafíos clínicos, barreras sociais, económicas e laborais. Segundo destacou o Deputado, dar visibilidade a estas enfermidades é fundamental para conseguir un “apoio” real de toda a sociedade que permita destruír estas barreiras.