FUSIÓN CREATIVA: EXPLORANDO METAL E CERÁMICA NO DESEÑO DE XOIAS.

Do 24 de febreiro ao 27 de marzo

Formulario de inscrición (enviar cuberto e asinado a info.centrad@deputacionlugo.org)

PROGRAMA: 
OBXECTIVO: Introducir ao alumnado nas técnicas básicas do modelado da cerámica (gres) e xoiería artesanal. Os participantes aprenderán a crear pezas de cerámica e montalos con soportes metálicos, conseguindo colgantes, pulseiras e outras xoias únicas.

    • Identificación de ferramentas.
    • Descrición do uso de ferramentas con exemplos por parte do docente
    • Realización de exercicios de aprendizaxe inicial para familiarizarse cos diferentes materiais e ferramentas.
    • Análise e elaboración de bocetos e/ou prototipos previos na aula por parte do alumnado supervisado polo monitor.
    • Elaboración de pezas cerámicas e metálicas como resultado da aprendizaxe durante o curso

XOIERIA:
DATAS: 24,26,27 de febreiro e o 11,12,13,18,19,20,25,26,27  de marzo
HORARIOS: de 16:30 ás 20:30 h
Nº DE HORAS: 48 h
N.º ALUMNOS: 6

CERÁMICA: (as pezas serán cocidas polo docente)
DATAS: 24,25 de febreiro e o 10,17,24 de marzo
HORARIOS: das 16:30 ás 20:30 h
Nº DE HORAS: 20 h
N.º ALUMNOS: 6

PARA O DESENVOLVEMENTO DO CURSO O/A ALUMNO/A DEBE TRAER:

PARA  A PARTE DE XOIERÍA:
- Mandil ou delantal de traballo
- Lapis e goma de borrar, Regra
-  Pelos de segueta 2/0

PARA  A PARTE DE CERÁMICA:
- Cunca, pano ou balleta
- kits de ferramentas que inclúen:
      - Tres palillos de madeira variadas para modelarxe
      - Vaciador pequeno
      - Dous pinceis finos
      - Paletina tipo hake ou similar de 25-35 mm de ancho
      - Fío ou liña de corte
      - Esponxa
      - Ferramenta de media lúa ou torno, cunha das arestas plana
      - Paleta de pintor plástico


ELABORACIÓN DE COMPLEMENTOS DE COIRO.

Do 24 ao 27 de febreiro e do 5 ao 20 de marzo

Formulario de inscrición  (enviar cuberto e asinado a info.centrad@deputacionlugo.org)

OBXECTIVO: Ao longo deste curso  preténdese que o alumnado aprenda a dominar as técnicas de traballar o coiro e a desenvolver o seu propio estilo creativo mediante a práctica 
    • Adquirir un coñecemento profundo das ferramentas e materiais específicos para traballar o coiro
    • Coñecer os diferentes tipos de coiro e as súas características
    • Aprender as técnicas básicas de corte e elaboración de pezas e deseñar e realizar os seus propios patróns
    • Experimentar con diferentes técnicas de decoración e acabado. 

DATAS: do 24 ao 27 de febreiro e do 5 ao 20 de marzo (agás o 3 e 4 de marzo entroido)
HORARIO: de luns a xoves de 10:00h ás 13:30h
Nº DE ALUMNOS: 6 

PARA O DESENVOLVEMENTO DO CURSO O ALUMNO DEBE TRAER:
- 1 tubo de cola (tipo supergen)
- 2 agullas de coser de coiro
- Lapis e goma de borrar
- Luvas de látex ou similares
- Algodón e anacos de tea de algodón para facer os bonecos a tinguir
- Cartolinas para facer patróns
- 1 pano limpo para humedecer o coiro
- 1 papel de lixa fino
- escuma de afeitar

TEAR DE BAIXO LIZO 

Venres e luns do 21 marzo ao 30 de maio

Formulario de inscrición  (enviar cuberto e asinado a info.centrad@deputacionlugo.org)

OBXECTIVO: Adquisición das nocións e técnicas básicas sobre o tecido no tear traballando e desenvolvendo métodos para a súa utilización.

PROGRAMA
    • Estrutura dos teares e as ferramentas de traballo complementarias.
    • Proxecto de pezas.
    • Urdido e preparación dos fíos para a posterior montaxe do tear.
    • Proceso de tecido: os puntos básicos de iniciación (Tafetán, Repaso Vello, Repaso Novo, Sarga e Felpado). Neste punto tamén se aprenderá a facer as mazorgas ou canelas no caneleiro necesarias para introducir na lanzadeira e comezar a tecer.
    • Rematado: extración correcta do tecido  e os distintos xeitos de rematado (fleques, doblados, etc.).

DATAS: 21,24,28 ,31 de marzo, 4,7,11,21,25,28 de abril, 5,9,12,16,19,23,26,30 de maio
HORARIOS: os venres e luns das 16:30 ás 20:30 h
N.º ALUMNOS: 7

PARA O DESENVOLVEMENTO DO CURSO O ALUMNO DEBE TRAER:

- Un caderno e un bolígrafo
- Unhas tesoiras de costura 
- O centrad proporcionará o fío necesario para a primeira peza proposta polo docente, no suposto de elaborar máis pezas o fío terá que aportalo o alumnado

 

NORMAS CURSOS CENTRAD 2025

    • LUGAR:  Desenvolveránse nas aulas do CENTRAD
      
    • PRAZO DE SOLICITUDE E  SELECCIÓN:  
      
      O prazo de presentación de solicitudes abrirase ás 9:00h do 10 de febreiro ata ás 15:00h do 20 de febreiro. 

      • A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición mediante a remisión dun correo electrónico ao seguinte enderezo:  info.centrad@deputacionlugo.org , cubrindo e asinando o formulario de inscrición
      
      • Só se admitirán aquelas solicitudes remitidas dentro do plazo establecido e que reúnan todos os datos indicados, desestimándose aquelas que incumpran algún destes requisitos. En consecuencia, para a selección do participante no curso terase unicamente en conta a hora e a data daquelas solicitudes debidamente cumprimentadas.
      
    • Coa finalidade de garantir o aproveitamento e o cumprimento dos obxectivos formativos dos cursos só se permitirá un 15% de faltas de asistencia seggundo o cómputo total de horas do curso, estas faltas considéranse inxustificadas cando non se presente ningunha xustificación válida. 
     

    • Se as faltas superan o límite establecido, o asistente poderá ser dado de baixa do curso e perder a oportunidade de obter o certificado correspondente