Cultura
Deputación de Lugo

O Centro de Artesanía e Deseño impartirá  cursos de formación en xoeiría, coiro e tecido no primeiro semestre do ano

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÒN LUGO
artesanía
coiro
xoiaría
TEAR
CENTRAD

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía e Deseño, pon un ano máis en marcha un programa de formación con cursos gratuítos de xoieria, coiro e tecido. Hoxe luns – 10 de febreiro - abriu o prazo de solitude dos cursos que se impartirán no primeiro semestre do ano no Centro de Artesanía e Deseño:

Fusión creativa. Explorando metal e cerámica no deseño de xoias, en que se introducirá ao alumnado na creación de pezas con estes materiais, e que se desenvolverá do 24 de febreiro ao 27 de marzo, en horario de 16:30 a 20:20 horas.

Elaboración de complementos de coiro, en que se ofrecerán coñecementos sobre as ferramentas e materiais específicos paa traballar o coiro e técnicas de corte, deseño e acabado das prazas. Desenvolverase do 24 de febreiro ao 20 de marzo, de 10.00 a 13.30 horas.

Tear de baixo lizo, orientado a ensinar nocións e técnicas sobre o tecido no tear traballando e desenvolvendo métodos para a súa utilización. Desenvolverase do 21 de marzo ao 30 de maio, en horario de 16.30 a 20.30 horas.

O prazo de solicitude manterase aberto ata o 20 de febreiro ás 15.00 horas. As persoas interesadas deberán cubrir os formularios de solicitude dispoñible nesta ligazón e remitilo ao enderezo electrónico info.centrad@deputacionlugo.org.