A Deputación condena un asasinato por violencia machista perpetrado no 2020 nas Palmas

Minuto de silencio

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, gardaron este martes un minuto de silencio diante da Subdelegación do Goberno en Lugo para expresar a repulsa da Deputación de Lugo ante o crime por violencia machista perpetrado no ano 2020 nas Palmas. Coa confirmación deste caso, o número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas en España ascende a 1.296 desde que se comezaron a recompilar estes datos, no 2003.

Xunto aos deputados participaron tamén a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, concelleiros e concelleiras de Lugo e veciños e veciñas da cidade