Menu toggle
Deportes

XUSTIFICACIÓN

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA

 

De acordo coas bases reguladoras publícanse os modelos para xustificar as subvencións concedidas.

 

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace (DEBE CREAR UN NOVO EXPEDIENTE):

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

 

Siga os seguintes pasos:

 

  1. Prema no enlace

  2. Prema na carpeta que indica “Tramites xerais”

  3. Prema en “Presentación de escritos”

  4. Prema en “Alta de solicitud”

 

IMPORTANTE: Toda a documentación deberá estar en formato PDF ASINADA POLO REPRESENTANTE LEGAL DA ENTIDADE

 

DOCUMENTACIÓN ACTIVIDADE COMPETITIVA FEDERADA

 

  • Anexo I

  • Anexo II

  • Anexo III

  • Anexo IV

  • Facturas polo importe da subvención concedida (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS AO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)

  • Comprobantes de pagamento das facturas presentadas

  • Documento bancario actual do CLUB co CIF

  • Así mesmo, e de acordo ao previsto nas bases da respectiva convocatoria, solicítase que achegue soportes documentais (pantallazos e enlaces páxinas web, redes sociais, cartelería, indumentaria, etc, campañas publicitarias e de promoción da actividade), que acrediten expresamente:​​​​​​

  1. Que se acordo á solicitude formulada (ANEXO I), a beneficiaria da subvención cumpriu coa obriga de incluír a imaxe corportativa da Área de Deportes da Excma. Deputación Provincial e que fixo constar que a actividade foi subvencionada pola Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo en todas as actuación e nos soportes que se utilizasen na execución da actividade subvencionada.
  2. Que se cumpriu coa obriga de utilizar o idioma galego en todos aqueles soportes que utilicen as entidades para publicitar a actividade ou adquirir o comportamento subvencionado. E así mesmo, e de ser o caso, de utilizar o idioma galego a nivel verbal en todos aqueles actos do plan de comunicación da actividade ou comportamento.

Logotipos Deportes

 

Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.

 

O prazo para presentar a documentación xustificativa finalizará o dia 31 de marzo de 2026

 

RENUNCIA

___________________________________________________________________________________________________

PUBLICACIÓN NO BOP 194 DE DATA 25 DE AGOSTO DE 2025:

___________________________________________________________________________________________________

ACORDO DE CONCESIÓN PROVISIONAL DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DESTINADAS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE LUGO, ANUALIDADE 2025


De acordo co punto 10, ACORDOS DE CONCESIÓN E NOTIFICACIÓNS das Bases da convocatoria, e ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o acordo de concesión provisional do procedemento non será obxecto de notificación individualizada senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP, concedendo un prazo de dez (10) días hábiles a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOP para a presentación de alegacións.

Así mesmo, o citado acordo publicarase na paxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org.

PUBLICACIÓN NO BOP 168 DE DATA 23 DE XULLO DE 2025:

___________________________________________________________________________________________________

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

As solicitudes, ANEXOS e documentación que corresponda, deberán formularse con sinatura electrónica segundo corresponda, por presidente/a e/ou secretario/a.

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica

  • Subvencións

  • Subvencións concorrencia competitiva

  • Alta de solicitude

Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Se desexa presentar máis dunha solicitude deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada unha delas, é dicir, crear expresamente un novo expediente para cada solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP núm. 055, do sábado 08 de marzo de 2025), polo tanto remata o venres 21 de marzo de 2025.

EMENDA DE DOCUMENTACIÓN

Unha vez revisada a documentación presentada, no caso de ser preciso, enviarase un requirimento a través da sede electrónica.

Recoméndase actualizar o enderezo de correo electrónico para a recepción das notificacións.

A forma de recibir a notificación é a seguinte:

  • Recibirá un correo electrónico no enderezo de correo electrónico que teña no seu perfil da sede electrónica.

  • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

 

  • Identifíquese >> Carpeta cidadá >> Mis notificacións

  • Marque a notificación e indique "Recibir" ou "Deseo rechazar a documentación seleccionada"

  • A continuación asinará e aparecerá unha "certificación da documentación recibida". Para ver o requirimento deberá premer o botón FIRMAR na esquina inferior dereita.

  • Descargar e finalizar.

PRESENTACIÓN DA NOVA DOCUMENTACIÓN

  • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

 

  • Identifíquese >> Carpeta cidadá >> Acceder a mi carpeta

  • Seleccione o expediente e marque INCORPORAR DOCUMENTACIÓN

BASES

DOCUMENTACIÓN

Actividade competitiva federada, documentación que debe presentar:

A subvención que a Deputación Provincial pode conceder estará comprendida no intervalo establecido na seguinte táboa:  

Liña

Importe mínimo

Importe Máximo

Liña de axudas á actividade competitiva federada 

500,00 €

6.000.00 €

 

Logotipos Vicepresidencia Deportes

Extracto da convocatoria

Información: 982 260 263

 

carmen.culturaedeporte@deputacionlugo.org

 

Axenda Deportes e Mocidade