Deputación de Lugo

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Lugo
Imaxe deputación de lugo

 

Desde a Deputación Provincial de Lugo, queremos expresar a nosa profunda tristeza polo pasamento de Paula Alvarellos Fondo, Alcaldesa do Excmo. Concello de Lugo.

Paula Alvarellos foi unha servidora pública comprometida, que dedicou a súa traxectoria ao progreso da súa cidade e ao benestar da súa veciñanza. O seu traballo incansable, xa desde a súa etapa como concelleira, e posteriormente como alcaldesa, reflicte a súa vocación de servizo e a súa paixón por Lugo.

Neste momento de fonda dor, como Presidente da Deputación e en nome de toda a Corporación Provincial, quero trasladar o noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e compañeiros, así como a todo o pobo de Lugo, que perde unha gran alcaldesa e unha gran persoa.

 

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

José Tomé Roca