Down Lugo e Raiolas reciben os máis de 16.000€ recadados na gala solidaria Diez Raz10nes que apoiou a Deputación

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este mércores na Praza da Mosqueira de Lugo na entrega dos 16.182€ recadados a favor de Down Lugo e Raiolas na gala solidaria Diez Raz10nes, o evento gastronómico que se celebrou o pasado 21 de febrero no Círculo das Artes de Lugo. Ao acto de entrega asistiu o Presidente do Comité Organizador e Chef do Restaurante España, Héctor López, a Presidenta da Asociación Down Lugo, Mª José Blanco, e a Presidenta da Asociación Raiolas, Inés Flores Lozano, entre outros representantes de entidades colaboradoras.
Carlos López recordou o compromiso que mantén a institución provincial co tecido asociativo da provincia “por iso, apoiamos iniciativas coma esta que fortalecen a inclusión social, a igualdade e o benestar, ao tempo que contribúen a construír unha sociedade máis xusta para todos os veciños e veciñas. En concreto, a Deputación colaborou cunha achega de 6.000€ para a organización desta cita culinaria”.
Un total de 250 persoas desfrutaron desta experiencia culinaria única, promovida por varias empresas de restauración, comunicación, eventos e diversas ONGs. No evento, participaron 12 chefs de renome e ademais, realizáronse dous espectáculos a cargo do Mago Rafa e a banda La Penúltima Sabinera.