A Vicepresidencia da Deputación apoia un ano máis a organización da Moexmu, feira agrogandeira de referencia na provincia

O deputado de Rural Daniel García e a deputada de Cultura Iria Castro reuníronse con representantes da comisión da Moexmu para compartir os últimos detalles da organización da feira agrogandeira que se celebra os días 4,5 e 6 de abril.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará un ano máis na organización con demostracións de artesanía, a actuación de Leña Verde e galardóns para as gandeiras e gandeiros que resulten premiados nos certames da feira. Os responsables provinciais ratificaron a organización da feira, que a veciñanza de Muimenta converteu nun emblema do sector agrogandeiro na provincia".