Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo celebra con ASPNAIS unha xornada festiva para as familias

Pablo Rivera Capón
ASPNAIS
ASPNAIS
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, destacou este sábado na Festa da Familia o apoio fundamental das familias ás persoas con discapacidade intelectual e fixo un chamamento á sociedade “para valorar a diversidade como unha riqueza que debe ser protexida”

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na Festa da Familia que organizou a Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS). Unha xornada de convivencia e confraternidade que acolleu o sede do colectivo na rúa Santiago, en Lugo. 

 

Pablo Rivera destacou a importancia do apoio constante e desinteresado das familias, que demostran “un compromiso inquebrantable co benestar das persoas con discapacidade intelectual, e fixo un chamamento á sociedade para que valore a diversidade como unha riqueza que debe ser protexida”. 


"Dende a Deputación de Lugo, cremos que apoiar non é cubrir expedientes, senón construír futuro", afirmou, destacando tamén o apoio continuo á asociación a través de achegas anuais e a cesión das instalacións do antigo hospital de San Xosé, que permitiu mellorar e ampliar os espazos dispoñibles para as persoas que se benefician dos servizos de ASPNAIS.


A Deputación de Lugo colabora cunha achega anual de 5.000 euros para o programa de intervención psicolóxica de ASPNAIS, destinado a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual. Durante a xornada tamén se destacaron as actividades que fomentan a inclusión social e o traballo conxunto entre as administracións e as familias, reforzando o compromiso coa creación dunha sociedade máis accesible, xusta e igualitaria para todos.