Deputación de Lugo
Medio ambiente

O alumnado de Vilalba descobre as Terras do Miño no Campus de emprendemento sostible da Deputación

Marisol Morandeira
Terras do Miño
Reservas da Biosfera
campus emprendemento sostible
Marisol Morandeira saudou este mércores aos participantes do IES Basanta Silva que da man da asociación A Estruga aprenderon todo tipo de cuestións relacionadas cos cultivos sostibles, a biodiversidade e xestión dos recursos naturais

A Deputada de Muller e Igualdade, MarisolMorandeiraMorandeira, participou este mércores nunha nova edición do Campus de emprendemento sostible que a Deputación ten en marcha para fomentar a conciencia social e ambiental entre o alumnado da provincia, conectándoo cos valores e recursos das Reservas da Biosfera que xestiona. Hoxe o alumando do IES Basanta Silva aprendeu, da man da asociación A Estruga, todo tipo de cuestións relacionadas cos cultivos sostibles, a biodiversidade e a xestión dos recursos naturais.

“Vivimos nun territorio privilexiado, cunha riqueza natural recoñecida a nivel internacional a través das nosas Reservas da Biosfera”, destacou Morandeira, quen incidiu en que “esa riqueza non se entende sen as persoas que a coidan, que a habitan”. Nese sentido a Deputada insistiu en que este campus é moito máis cunha aula, e definiuno como “un espazo para compartir ideas, para coñecer proxectos reais que funcionan aquí na nosa contorna”.

Durante a xornada, o alumnado de secundario visitará a explotación da Estruga situada na parroquia de Cabreiros (Vilalba), onde coñecerá métodos de agricultura ecolóxica e ademais participarán nun taller de elaboración de conservas ecolóxicas.

Desde a súa creación no ano 2013, por esta iniciativa da Deputación de Lugo pasaron xa máis de 500 estudantes de secundaria de centros educativos situados nas Reservas de Terras de Miño e Ancares Lucenses. Nos Campus de emprendemento sostible combínase a formación teórica con visitas a empresas rendibles e sostibles situadas no rural da provincia, permitindo aos mozos e mozas a interacción directa cos responsables das entidades colaboradoras e coñecer exemplos vivos de casos de éxito e boas prácticas.