Deputación de Lugo

A Deputación apoia a AFALU na concienciación e na visibilización do alzhéimer

Pablo Rivera Capón
afalu
alzheimer

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou este venres a mesa informativa e de cuestación que instalou a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) na Praza de San Marcos co obxectivo de concienciar aos veciños e veciñas sobre esta enfermidade. Rivera Capón avanzou que a institución provincial mantén unha estreita colaboración co tecido asociativo e recordou que a esta entidade lucense a institución provincial achega unha aportación económica de 12.000€ ao anopara axudar na atención dos pacientes e das súas familias.