A Deputación de Lugo presentou na poxa de Seoane do Courel tres xovencas da Granxa Gayoso

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este sábado na poxa de Seoane do Courel celebrada no recinto feiral deste concello da Montaña. A Deputación de Lugo presentou tres exemplares preñados de raza Rubia Galega procedentes da Granxa Gayoso Castro de explotacións gandeiras de Vilalba e Becerreá, que se venderon a un prezo medio de 3.733€.
Carlos López puxo en valor o traballo que desenvolve a Deputación de Lugo na Granxa Gayoso Castro situada en Castro de Rei é “un dos piares da ampla actividade de apoio ao sector primario que desenvolvemos na institución provincial, que converteu este centro nun referente e un motor da actividade agrogandeira na provincia e no conxunto de Galicia a través da formación e a investigación”.
Os animais tiveron un prezo de saída por cada animal de 2.200€ e os gandeiros e gandeiras participantes beneficiáronse dunha axuda directa de 200 euros, subvencionada por Caixa Rural Galega como incentivo á mellora da cabana gandeira.
A poxa desenvolveuse dentro dunha xornada festiva que tamén contou con postos de artesanía, produtos locais, plantas, sementes, polbo á feira e música en directo, recuperando unha tradición de apoio a gandaría e o comercio artesanal.