Máis de 40 escolares dos institutos Ánxel Fole e Muralla Romana de Lugo coñecen o funcionamento da Deputación
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento e Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiron este martes no Pazo de San Marcos a un grupo de 41 alumnos e alumnas de 3º e 4º curso da ESO do IES Ánxel Fole e Muralla Romana de Lugo. Nesta visita os escolares puideron coñecer, de primeira man, o funcionamento desta institución pública cun percorrido polos diferentes departamentos e, ademais, tamén asistiron á sesión ordinaria do Pleno da Deputación, que se está a celebrar esta mañá.
No encontro, os deputados provinciais déronlles a benvida no Salón de Actos e compartíronlles cales son as principais competencias da institución provincial, así como algúns dos programas e servizos que presta aos concellos e aos veciños e veciñas da provincia.