A Deputación recibe a medio centenar de estudantes de 6º de Primaria do colexio San Xosé de Lugo
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos a medio cento de estudantes de 6º de Primaria do colexio San Xosé de Lugo. O alumnado, que acudiu á Deputación a coñecer as instalacións e o funcionamento da institución provincial, tivo a ocasión de preguntarlle ao Deputado as súas dúbidas e inquedanzas. Rivera Capón, exalumno deste centro educativo, aproveitou tamén para compartir algunha anécdota e saudar aos seus antigos profesores.