O Presidente dá a coñecer un informe que sitúa Lugo como exemplo en sostibilidade e demografía
Este análise, que amosa os retos das cidades galegas en materia de vivenda, turismo ou emprego, demostra que a capital, a pesar de obter bos resultados nos niveis de emisións, obtén as puntuacións máis baixas en mobilidade ou transporte
“Este traballo non só achega coñecemento e rigor, senón que nos permite tomar mellores decisións como institucións públicas, con visión a medio e longo prazo”, avanzou José Tomé Roca
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, o Director de Economía Dixital de Galicia, Julián Rodríguez Moscoso, e o Coordinador do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia, Xosé Gabriel Vázquez, presentaron este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos a terceira edición do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia. Este informe, que elabora Economía Dixital de Galicia, analiza as fortalezas e debilidades das sete cidades galegas en materia de demografía e poboación; vivenda; mobilidade e transporte; sostenibilidade ambiental; actividade económica e emprego; innovación e tecnoloxía e turismo.
O mandatario provincial comezou a súa intervención agradecendo ao equipo de Economía Dixital Galicia e aos profesionais que están detrás deste estudo pola “súa aposta firme e sostida por achegar valor público a través do coñecemento. Este traballo non só achega coñecemento e rigor, senón que nos permite tomar mellores decisións como institucións públicas, con visión a medio e longo prazo”.
O Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia analiza máis de 80 indicadores clave, “é unha ferramenta que combina análise técnica, visión estratéxica e vocación de servizo”, subliñou o Presidente. Concretamente, o proxecto estuda o municipio de Lugo no que tamén se incluíron os concellos de Outeiro de Rei e O Corgo dentro da área urbana lucense, debido a súa elevada funcionalidade compartida en termos de mobilidade, servizos e vínculos económicos.
En canto as fortalezas que resaltan no informe Lugo “destaca en sostibilidade ambiental, cun entorno privilexiado e baixos niveis de emisións; ten unha boa capacidade de retención de poboación moza e unha calidade de vida que nos sitúa en boa posición”, avanzou José Tomé. Ademais, tamén é a cidade cos prezos en vivenda máis accesibles, tanto na compra como en alugamento; e destaca especialmente pola taxa de liderado feminino en empresas tecnolóxicas de Galicia, situada nun 55%.
Sobre as debilidades que se reflexan neste estudo, o mandatario provincial sinalou que as principais son “o envellecemento da poboación e a mobilidade, que depende excesivamente do vehículo privado”. Neste sentido, destacou tamén o Presidente que “contar cunha boa conexión é fundamental para facilitar a vida no rural polo que é a Xunta de Galicia quen debe actuar e corrixir este tipo de carencias e deficiencias”.
O informe completo pode consultarse aquí.