Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Efrén Castro recibiu no Pazo de San Marcos ao equipo sub 14 do Muralla Rugby Club, campión da Copa galega de Rugby 7

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
MURALLA RUGBY

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro recibiu no Pazo de San Marcos ao equipo sub 14 do Muralla Rugby Club, campión da Copa galega de Rugby 7. O responsable provincial e o concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo Álex Penas, que tamén particicipou no acto, parabenizaron aos xogadores, valorando a súa aposta por un deporte como o rugby  e tamén o traballo e o compromiso do club e das  familias. O título de Copa refrenda ademais o traballo do club como referente do rugby desde as categorías de base.