Deputación de Lugo

A Deputación destaca o papel do sector agrogandeiro como motor do rural da provincia na homenaxe aos xubilados de ACRUGA

Carlos López
ACRUGA
xubilado
homenaxe

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este venres na homenaxe aos gandeiros e gandeiras da provincia que cesaron a súa actividade o ano pasado por xubilación nun acto organizado pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Rubia Galega (ACRUGA). Na cita, que se celebrou este mediodía no Pazo de Feiras e Congresos, o Deputado destacou o papel do sector agrogandeiro como motor do rural da provincia e a súa provincia que xera emprego, coida o territorio e garante a continuidade da nosa identidade rural”. 

Subliñou tamén o compromiso da institución provincial co apoio á actividade agrogandeira, a través de proxectos como o Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro ou a colaboración con entidades como Acruga, para promover a raza Rubia Galega e mellorar a competitividade das explotacións.