Deputación de Lugo

A Deputación felicita á nova promoción de graduados e graduadas en Veterinaria do Campus Terra

Pablo Rivera Capón
Veterinaria
Graduación veterinaria

 

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo RiveraCapón, participou este sábado no acto de graduación da promoción 2020-2025 de Veterinaria da USC en Lugo xunto ao Alcalde da cidade, Miguel Fernández, e o vicerreitor do Campus Terra, Francisco José Fraga, entre outras autoridades. 

Durante a súa intervención, Rivera Capón destacou o papel estratéxico do Campus Terra e da súa Facultade de Veterinaria, “un referente en toda Europa, que conta coa maior taxa de emprego de todo o Estado neste ámbito”, subliñou. Felicitou ao alumnado e O animouno a manter sempre os vínculos coa provincia: “Hoxe, cando colledes o voso diploma, non ledes só o voso nome: ledes tamén o nome dun territorio que conta con vós”.