Deputación de Lugo

A Deputación asiste ao XVII Criterium Aeronáutico de Galicia 2025 que se celebra ata este domingo no Aeródromo de Rozas

Pablo Rivera Capón
Criterium Aeronáutico
Visita Criterium

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este sábado no Aeródromo de Rozas á décimo sétima edición do Criterium Aeronáutico de Galicia 2025. Para a celebración desta cita, que organiza o Real Aeroclub de Lugo ata este domingo 27 de xullo, a institución provincial realiza unha achega económica de 10.000€. A programación inclúe saltos en paracaídas, voos de introdución, exposición de medios aéreos e proxectos aeronáuticos do ciclo de Aeromecánica do CIFP As Mercedes, mostras de drons e de todo tipo de aeronaves ou exhibicións de pilotos profesionais, así como outras actividades.