Deputación de Lugo

A Deputación participa en Palas na inauguración da exposición fotográfica Misión Afganistán

Pilar García Porto
Exposición
Subdelegado de Defensa
Palas de Rei

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este xoves na inauguración da exposición itinerante Misión Afganistán, que se poderá visitar ata o 17 de outubro no Centro Comarcal da Ulloa, en Palas de Rei. A mostra, promovida polo Ministerio de Defensa e o Concello palense, ofrece un percorrido visual polo labor das Forzas Armadas Españolas en Afganistán desde 2002 ata 2012, a través de imaxes tomadas no propio terreo.


Ao acto asistiron tamén o Alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada Camoira; o Coronel Subdelegado de Defensa en Lugo, Juan José Fernández Arrojo; así como membros da Garda Civil e persoal militar e outras autoridades.