Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo explicará mañá no Parlamento de Galicia as liñas estratéxicas do Orzamento provincial para 2026

Orzamentos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, comparecerá mañá, xoves, no Parlamento de Galicia para presentar e explicar as liñas estratéxicas do Orzamento da Deputación para o ano 2026.

A súa intervención terá lugar ás 18:00 horas, no marco da Sesión Informativa da Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos, que se celebrará no Pazo do Hórreo. Durante a súa comparecencia, o mandatario provincial detallará as principais prioridades e eixes de actuación das contas provinciais, centradas en fortalecer os servizos públicos, impulsar o desenvolvemento económico e social da provincia e garantir o equilibrio territorial.

Esta será a primeira Deputación de Galicia en expoñer as súas contas para o exercicio 2026. A sesión poderá seguirse en directo a través da web oficial do Parlamento de Galicia: https://www.es.parlamentodegalicia.es/EmisionDirecto