O Presidente acompaña a Jesús Piñeiro na súa despedida como Intendente Xefe da Policía Local de Lugo
 
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres na Finca A Fortaleza ao acto de homenaxe a Jesús Piñeiro Santos, que se despide do seu cargo como Intendente Xefe da Policía Local de Lugo con motivo da súa xubilación, tras máis de 30 anos de servizo e traxectoria profesional. José Tomé recoñeceu o compromiso e a dedicación de Piñeiro que deixa “un legado moi importante de profesionalidade e responsabilidade á cidadanía e todo un exemplo para toda a institución e os compañeiros que o seguirán”. O acto reuniu a autoridades, compañeiros do corpo e representantes institucionais, nunha xornada de recoñecemento á traxectoria profesional de Piñeiro Santos que será substituído por José Manuel Río Espiño.
 
     
