Deputación de Lugo

A Deputación inaugura en Guitiriz as IX Xornadas de Protección Civil que nesta edición abordan a ciberseguridade

Guitiriz

A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira Morandeira, participou este sábado na inauguración das Xornadas de Protección Civil da provincia que nesta novena edición se centran en ciberseguridade. No acto, que tivo lugar no Restaurante La Casilla, Marisol Morandeira destacou que “o voso labor é esixente e diverso: desde a asistencia a eventos multitudinarios ata actuacións especializadas. Xunto coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a Cruz Vermella e os bombeiros, estades sempre na primeira liña, garantindo que as emerxencias se afronten con profesionalidade e coordinación”.