Deputación de Lugo

A Deputación celebra o encontro anual de APREVAR cos profesionais da automoción

Pablo Rivera Capón
ENCONTRO ANUAL; APREVAR;

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado no encontro anual organizado pola Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios de Lugo (APREVAR), a entidade que leva case 50 anos representando e defendendo os intereses dos empresarios do sector da automoción da provincia de Lugo. Rivera Capón recalcou que a institución provincial mantén unha estreita con APREVAR e recordou que “achegamos 40.000€ para a compra das instalacións da entidade, de máis de 2.500 metros cadrados e situadas na Campiña, onde dispón de aulas, talleres e salón de actos, entre outros espazos”.